Doces de Nadal

As datas sempre de referencia, as celebracións máis importantes do ano. Van impresas nos recordos dun ano para outro, tanto os agasallos, as vivencias ou a propia gastronomía. Pois aí é onde nós queremos estar, neses recordos de bocados deliciosos que fagan que, ano tras ano, os clientes repitan visita na busca deses Doces de Nadal.

Na procura da conservación do tradicional, da calidade de materia prima, da recuperación de doces que se van perdendo e eran típicos das datas en Compostela; da creación e diferenciación en produtos con moita alternativa, como os turróns, facemos elaboracións coas que procuramos non deixar indiferente a ninguén, facendo destas un motivo máis para recordalas con gusto.

Velaquí un vídeo facendo o turrón.

Mazapán

Turrón

Polvoróns

Tortitas imperiales empiñonadas

Panetonne

Cocadas

Pasteliños de crema

Doces de Nadal - Amendoados