Muffins

Sempre aparecen novas tendencias e maneiras singulares de presentar produtos xa coñecidos, como por exemplo as magdalenas, en novos formatos e con receitas diferentes, pero non tan distintas unhas das outras.

Aproveitando as mellores materias primas, en especial a excelente manteiga de leite que utilizamos, lanzámonos a traballar con este tipo de elaboracións. Sempre dende a nosa perspectiva e tratando de diferenciarnos, facemos estes formatos con receitas da tradición galega, como poden ser a Bica de Trives ou a Bica de millo. Sen embargo, non esquecemos a liña máis moderna e vangardista, con preparacións con distintas confituras e multitude de gustos, como as gotiñas de chocolate, pistachos ou froitos secos.

En fin, un xogo doce no que a creatividade e o divertido tratan de crear un produto diferente e de gran calidade.

Ingredientes:
Fariña, ovos, azucre, mantequilla, impulsor e, dependendo do tipo, raiadura de froitas (limón, lima, laranxa), canela ou outras especias e diferentes interiores con confituras distintas.

Muffins - Panadería Moscoso Moure