Roscas

Sempre existen produtos identificativos que parece que van facendo marcas identitarias dunha produción e maneira de entender o oficio. Posiblemente, as roscas son un deses marcadores de singularidade da nosa panadería.

Sen perder de vista a tradición e a artesanía, seguimos a facer unha receita das de antes, con masa nai natural e unha fermentación dunhas 16 horas. Os ingredientes de sempre e o cariño dos nosos profesionais crean os doces máis típicos das panaderías tradicionais de Galicia. Masas finas e delicadas, cunha excelente conservación e sabor que transportan ao recordo das esencias auténticas, esas que intentamos asentar como base das nosas elaboracións.

Rosca - Panadería Moscoso Moure