Pan gran reserva

Creamos unha gama de pans que se caracterizan por ter aproximadamente unhas 20 horas de fermentación. Isto, sumado ás mellores fariñas, ingredientes 100% naturais e a masa nai natural produce pans de excelente conservación, sabores potentes e codias crocantes.

Dentro da gama de Pans gran reserva ofrecemos múltiples variedades de diferentes sabores, texturas, formas e cores, pero que sempre respectarán a longa fermentación, producindo pans exclusivos e espléndidos, «como o bo pan de toda a vida».

[Produto ocasional]

G.R. Tradición galega

G.R. Branco

G.R. Tradición e vangarda

G.R. do Cubelo

Pan Gran Reserva Tradición galega - Panadería Moscoso Moure

Esta semana:

G.R. Branco: domingo
G.R. Tradición: sábado