Pan mediterráneo

É un pan de autor, baseado no clima e nalgunhas materias primas características do mesmo. As noces, o touciño entrefebrado ibérico, as olivas, o aceite de oliva virxe extra, romeiro, tomiño, ourego e pirixel serven como fundamento dun pan que conserva a nosa liña de elaboración: as mellores materias primas 100% naturais, longas fermentacións e a nosa citada masa nai natural.

Ofertamos un pan totalmente diferente, calórico, cunha boa codia e unha miga húmida e sedosa que esconde anaquiños de noces, olivas e touciño entrefebrado. Por último, o rematamos cun toque de aceite aromatizado coas herbas mencionadas.

[Produto ocasional]
Pan mediterráneo - Panadería Moscoso Moure