Pan de molde rústico

Pans de longa fermentación exclusiva da masa nai natural. Incorporamos os formatos de molde as nosas elaboracións e seguimos a xogar con recetas diferentes que incorporan dende fariñas ecolóxicas a diferentes cereais como o centeo. A idea é intentar dar un salto nos almorzos e neses bocadillos dos máis pequenos, intentar chegar á xente cun pan que sexa unha excelente alternativa aos típicos pans de molde, coa diferencia dunha elaboración totalmente natural marcada polos criterios dos pans de verdade.

Esta semana:

Molde rústico: luns martes mércores xoves venres sábado domingo