Artesás de masa nai
Non nos poñemos límites. Neste tipo de pan queremos que a variedade e a sorpresa sexan un costume. Queremos xogar con fariñas e diferentes ingredientes. Cada día singulares e distintas; as nosas vendedoras explicarán os seus contidos. Pero teñen unha base en común: a fermentación é exclusiva da nosa masa nai natural, dura unhas 24 horas, teñen un 80% de hidratación e a súa forma sempre é a mesma.
Polo demais, a divertirse facendo artesás de masa nai.
[Produto ocasional]