Pan gran reserva
Creamos unha gama de pans que se caracterizan por ter aproximadamente unhas 20 horas de fermentación. Isto, sumado ás mellores fariñas, ingredientes 100% naturais e a masa nai natural produce pans de excelente conservación, sabores potentes e codias crocantes.
Dentro da gama de Pans gran reserva ofrecemos múltiples variedades de diferentes sabores, texturas, formas e cores, pero que sempre respectarán a longa fermentación, producindo pans exclusivos e espléndidos, «como o bo pan de toda a vida».
[Produto ocasional]
G.R. Tradición galega
G.R. Branco
G.R. Tradición e vangarda
G.R. do Cubelo