Pizzas

Dise que un forneiro napolitano, chamado Raffaele Esposito, foi o responsable das pizzas modernas. En 1889, en Nápoles elaborou tres pizzas diferentes para celebrar a visita do rei Umberto I e a raíña Margarita de Saboia. Ela escolleu a chamada, na actualidade, pizza Margarita polas súas cores:

Verde (alfábega) - vermello (tomate) - branco (mozzarella)
As cores da bandeira de Italia.

A partir dese momento e ata a actualidade creáronse infinidade de pizzas con múltiples sabores e ingredientes. En Moscoso-Moure seguimos esa tendencia, pero sempre respectando as bases: unha masa exquisita, unha salsa perfecta e a mellor calidade de cada un dos ingredientes que engadimos.

Pizza - Panadería Moscoso Moure